Esteiro prepárase xa para o XXVII Gran Prix de Carrilanas

    MUROS> A cita, declarada de interese turístico, terá lugar a fin de semana do 19 e 20 de xullo, coincididndo coa festividade de Santa Mariña. As carrilanas volverán outro ano máis a percorrer a estrada do Maio en Esteiro, grazas a que a organización desta proba, a Asociación Deportiva e Cultural Esteirana, puido recadar o financiamento necesario para poder organizala. Dende a entidade agradeceron especialmente ó concello de Muros, e á empresa Bodegas Marqués de Vizhoja, a súa colaboración, xa que sen a súa axuda, a competición de seguro non podería realizarse. Dende a organización da carreira tamén destacaron o traballo iniciado de cara a consecución da declaración da festa coma de interese nacional, obtendo ademais o apoio unánime de toda a corporación municipal. A cita, que chega estea no a súa 27 edición, terá lugar af in des emana do 19 e 20 de xullo, coincidindo, como de costume, coa celebración das festas patronais de Santa Mariña de Esteiro. A alcaldesa, Caridad González, destacou a importancia desta proba, hoxe xa un referente en toda Galicia. O xerente de Bodegas Marqués de Vizhoja, Javier Peláez, principal empresa patrocinador ado Gran Premio de Carrilanas de Esteiro, mostrou tamén a súa satisfacción por poder colaborar dalgún xeito n aproba. O prazo de inscrición anticipada na carreira abrirase o vindeiro luns 14 de xullo. Para máis información os interesados poden consultar a páxina web da organización: www.carrilanasesteiro.com.