Máis de cincocentos escolares coñeceron o labor dos Servizos Sociais

    RIBEIRA> O concello de Ribeira clausurou o proxecto de educación na diversidade ‘Nós+Outros’, impulsado polo departamento de Servizos Sociais, cun último taller desenvolvido ante os alumnos de segundo curso de primaria do Colexio A Milagrosa de Oleiros. En total, foron máis de cincocentos os rapaces que se beneficiaron desta iniciativa. Once dos obradoiros organizados tiveron por destinatarios ade 275 alumnos de Secundaria pertencentes a cinco centros, mentres que outros nove desenvolvéronse ante máis de 225 estudantes de Primaria de sete colexios. O bo resultado da cita asegura a continuidade do proxecto que ten por obxectivo coñecer Ribeira dende unha perspectiva sociocomunitaria, previr actitudes e comportamentos segregacionistas e dar a coñecer o papel e funcións dos Servizos Sociais. O pedagogo municipal Santi Páramo foi o encargado de desplegar as actividades de que consta a iniciativa. As sesións foron eminentemente participativas, de tal xeito que os alumnos puideran aprender xogando.