PORTO DO SON> A carreira, organizada pola Agrupación Deportiva Porto do Son, en colaboración co concello, terá lugar o próximo 22 de decembro. Porto do Son acollerá o próximo 22 de decembro a segunda edición da Sin-Son, unha proba de dez quilómetros de percorrido, que unirá as localidades de Portosín e Porto do Son. Na carreira, presentada esta mañá, tomarán parte tódalas categorías, dende os máis pequenos ata os seniors, con distancias diferentes para cada unha delas. A organización agarda unha alta participación na proba, superando as cifras da anterior edición. Apadriñando a proba, no acto de presentación, destacados atletas como é o caso de Pedro Nimo e Ezequiel Mosquera, este último ademais como membro da organización da carreira. Os corredores deberán cubrir un pequeno circuíto polo casco urbano de Portosín, para continuar posteriormente cun percorrido ó longo da estrada AC-550, que estará parcialmente cortada ó tráfico. Os participantes disporán de varios avituallamentos e unha bolsa de alimentos na liña de meta. Tamén haberá servizo de autobuses para trasladar ós deportistas de novo ó lugar da saída. Haberá importantes premios para os gañadores de cada categoría, repartíndose uns 2.600 euros en premios. As persoas interesadas en participar xa poden inscribirse, a través do portal carrerasinson.blogspot.com.es {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/15/presentacioncarreirapopularsin_son151113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/15/presentacioncarreirapopularsin_son151113.mp4{/flowplayer}
Inicio Deportes








