Sanxenxo acolle este sábado os nacionais de Pesca Submarina

pesca250_240608.jpgSANXENXO > O Real Club Náutico de Sanxenxo acolleu esta mañá a presentación dun dos maiores eventos deportivos da Semana Naval Ría de Pontevedra, o Campionato de España de Pesca Submarina por Clubes. Máis dun centenar de participantes buscarán chegados dende toda España buscarán levarse o título.

Máis de trinta equipos tomarán parte este sábado en augas da Ría de Pontevedra no Campionato de España de Pesca Submarina por Clubes. Case tódalas federacións estarán representadas en Sanxenxo sendo a Galicia a que máis equipos aporta, con tres.

Na presentación de hoxe estiveron, entre outras personalidades, o concelleiro de deportes de Sanxenxo, Martín Otero, Bernardo Acevedo, coordinador xeral do evento e José Antonio Olmedo, Director Técnico da Federación española de Actividades Subacuáticas.

A proba dará comezo ás 09:00 cando as embarcacións se dirixan ó centro da Ría para deixar ós submarinistas, que terán cinco horas para realizar-la captura. Contas ás 14:30 serán recollidos e trasladados a porto onde dende as 15:00 e ata ás 17:00 os xuíces levarán a cabo a pesaxe das capturas e puntuación para cada un dos equipos, que estarán formados cada un deles por tres persoas. Ás 20:00 da noite da noite darase a coñecer o novo campión nacional coa posterior entrega de trofeos.

Esta é unha práctica pouco coñecida entre o público xeral pero nela España é sen dúbida unha das escolas punteiras a nivel internacional.

As especies que serán capturadas están todas elas reglamentadas e por iso moitas delas non están permitidas pescalas. 

Esta proba servirá ademais para comezar a dilucidar os que serán membros da selección española nas vindeiras competicións internacionais. Os peixes serán donados á beneficencia.

Redacción Salnés