Marcos Canle, adestrador do Portonovo ata final de temporada

futbol250_190209.jpgPORTONOVO> O técnico vigués será o encargado de reflota-la nave arlequinada. Dirixirá ó equipo no partido desta fin de semana ante o Negreira.

Marcos Canle foi finalmente o elexido pola directiva do Portonovo como sustituto de Milucho no banquiño. O xoven adestrador vigués chegou onte a un acordo co club para dirixir ó equipo ata final de temporada logo de varios días de negociacións.

Canle nunca dirixiu a ningún equipo de Terceira, aínda que si o fixo unha categoría por debaixo, en Preferente Autonómica, onde estivo ós mandos do Caselas e do Porriño.

A directiva barallou dende o sábado varios nomes, incluso pensou en poñer a Andrés Curiel na figura de adestrador-xogador, aínda que ó final o dianteiro rexeitou esa opción.

Terá tres adestramentos para coñecer ó seu novo palntel antes do partido da fin de semana ante o Negreira, en Baltar, no que debutará.

Redacción Salnés