A aprobación definitiva do PXOM sonense máis preto

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/18/tramitacionpxomportodoson181113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/18/tramitacionpxomportodoson181113.mp4{/flowplayer} PORTO DO SON> O equipo de goberno confía en que o novo planeamento poida entrar en vigor xa en no primeiro trimestre do ano que vén. Se a tramitación segue como ata o de agora, o documento podería estar listo para a súa aprobación provisional polo pleno de concello durante o mes de decembro. Coa luz verde da corporación remitirase á Xunta de Galicia que disporá dun prazo máximo de tres meses para emitir a orde de aprobación definitiva. Na xuntanza de traballo mantida entre o alcalde de Porto do Son e o conselleiro de Medio Ambiente, ámbolos dous mandatarios manifestaron o seu convencemento de contar co PXOM definitivo durante o primeiro trimestre de 2014 de xeito que non se demore máis o proceso iniciado en 1999. Neste ano comezaba a súa redacción pero non foi ata 2011 cando recibiu o pulo definitivo coa emisión do informa previo á aprobación inicial no mes de xuño e a aprobación inicial polo pleno en febreiro de 2012. Unha vez entre en vigor o novo planeamento, o concello de Porto do Son deixará de rexerse polas normas subsidiarias que datan de 1994. O rexedor sonense aludiu á importancia de poder dispor canto antes do novo planeamento, un documento clave para o desenvolvemento económico do concello.