Remata o Diver Verán 2018 deixando unha experiencia moi positiva

A ILLA> Os cativos da Illa de Arousa despediron a seu verán lúdico cunha grande celebración. O mar, excursións e moitos xogos, centraron o verán deste case centenar de nenos que participaron na ludoteca de verán.
O Diver Verán 2018 chegou a súa fin na Illa de Arousa coa celebración dunha grande festa. Concello, organización e cativos amosáronse moi satisfeitos e contentos coa actividade que se leva desenrolando durante xullo e agosto no municipio.
Na actividade este ano participaron case un centenar de rapaces, moitos de eles a parte de participar en xullo, tamén o fixeron en agosto. Ademais a organización incluíu no programa de este ano un Plan Madruga para aqueles rapaces que por conciliación familiar tiñan que incorporarse unha hora antes as actividades, tal e como nos explicaba unha das responsables da iniciativa.
Dende o concello agradecen tamén a confianza dos pais ao deixar aos rapaces participar neste tipo de actividades e non desbotan a posibilidade dun novo “Diver Verán 2019”. Sexa como sexa, hoxe quedou nos claro… que o mellor “Diver Verán 2018” foi na…