O Pleno de Pontevedra pide a retirada da suba do canon de SOGAMA

PONTEVEDRA> O Goberno Local de Pontevedra pide á Xunta de Galicia que suspenda a suba do canón de SOGAMA prevista para o vindeiro 2014 nun 33.5 %; ou senón que o asuma ela directamente ou a Deputación Pontevedresa. Este foi un dos principais puntos abordados hoxe no pleno pontevedrés deste mes de novembro. A suba do prezo da recollida do lixo imposta por SOGAMA para o vindeiro ano 2014 foi un dos temas principais que se abordaron no pleno ordinario de Pontevedra celebrado esta mañá. Pola súa banda, os socialistas opuxéronse a esta suba do 33.5 % reclamando a súa retirada inmediata. Punto este no que coincidiron cos nacionalistas que acusaron ó PP de permitir a esta empresa que se lucrase a conta dos cidadáns no peor dos momentos, malia contar a Xunta dun 51 % do seu accionariado. O PP de Pontevedra coincideu en salientar que a suba era de máis pero que este non era o foro de discusión para arranxar este problema. Amais preguntou ós nacionalistas que pasaba cos cartos que levaba anos sen pagar á concesionaria da recollida do lixo. Esta moción saíu adiante finalmente cos votos do bipartito do goberno, e nela pediron á Xunta a retirada deste canón abusivo; á que tamén requeriron que elaborase xunto ca FEGAMP un estudio pormenorizado dos custes reais que supón o tratamento do lixo. Asemade, reclamaron unha auditoría externa que analice a empresa SOGAMA e, no caso de que non se retire o canon, que sexa a Xunta de Galicia, ou no seu defecto a Deputación de Pontevedra, a que asuman o custe da suba no vindeiro exercicio para tódolos Concellos da Provincia, non só para aqueles que se adhiran ó Consorcio Provincial do lixo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/18/sogama.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/18/pleno_pontevedra_sogama_181113.mp4{/flowplayer}