Os patróns de Arousa volverán sentar con Mar para buscar solucións para o marisqueo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/16/patrons_arousa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/16/patrons_arousa.mp4{/flowplayer}

 

AROUSA> Novo intento para desatascar o futuro do sector marisqueiro na Arousa. A Conselleira do Mar recibirá mañá a todos os patróns da ría, nun encontro para intentar buscar solucións que satisfagan as súas peticións e garantan a viabilidade futura da súa actividade. Ata o de agora, as propostas da Xunta vense insuficientes para solucionar os problemas da ría, sobre todo no eido da rexeneración.

Coa mediación da Federación provincial de confrarías, a conselleira do Mar recibirá mañá aos patróns da ría de Arousa. Unha vez máis, Xunta e sector tratarán de buscar acordos que boten luz ao futuro do marisqueo.

Onte, os patróns arousáns e a Federación provincial fixeron fronte común nestes puntos que mañá presentarán a Rosa Quintana.

 Son conscientes de que non existen solucións a curto prazo, pero esixen proxectos de maior envergadura que os propostos ata o de agora.

O presidente da Federación provincial recoñeceu que no encontro de onte fíxose patente o enfado dos patróns. Así as cousas, José Antonio Gómez insistiu na importancia de manter un diálogo coa Consellería do Mar, interlocutora directa do sector e a clave para conseguir avances que garantan a viabilidade do marisqueo na ría de Arousa.