A secretaría xeral de Igualdade financiará o banco de tempo

    PORTO DO SON> O investimento previsto para o desenvolvemento deste programa ascende a uns sete mil euros.

    Acompañada do alcalde, Luís Oujo, e o edil de Servizos Sociais, Javier Quiñoy, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, felicitou ó concello polo traballo que desenvolve en materia de Servizos Sociais e Igualdade. A súa visita respondía tamén ó respaldo que dende a Xunta se lle vai a dar ó programa do banco de tempo, no que se investirán máis de sete mil euros, e co que se pretende fomentar de xeito comunitario os servizos de cooperación e solidariedade entre os veciños. No programa do Banco de Tempo sonense está aberto a homes e mulleres. o servizo está formado polas persoas usuarias do departamento de Servizos Sociais, integrantes da entidade de acción voluntaria, socios das ANPAS, club de xubilados, asociacións e colectivos parroquiais, un total potencial dunhas 250 persoas destinatarias, ofertantes e demandantes de servizos. As persoas interesadas en formar parte do banco de tempo sonense poderán apuntarse de xeito individual, ou como representantes de colectivos. Para máis información os interesados poden achegarse ás propias oficinas do banco do tempo, situadas nas dependencias de Servizos Sociais. Posteriormente Susana López Abella desprazouse ata o concello veciño de Lousame, para manter tamén un encontro coa súa alcaldesa, Teresa Villaverde. Durante a reunión trataron sobre os diversos proxectos que se levan a cabo neste concello que contan coa correspondente subvención da Secretaría Xeral da Igualdade como é o caso do Servizo Lousame Concilia, ou o proxecto de sensibilización e prevención da violencia de xénero “Engánchate ó bo trato”. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/18/secretariaxeraligualdadeportodoson181113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/18/secretariaxeraligualdadeportodoson181113.mp4{/flowplayer}