Un novo sistema informático axudará na detección de casos de pederastia

    FotoVicusCopia.jpg PONTEVEDRA> A Garda Civil presentou esta mañá o sistema, que foi utilizado por primeira vez na operación Telémaco sobre tenencia e distribución de pornografía infantil.

    {flowplayer}images/salnes/PlataformaVicus.flv{/flowplayer}

    A operación Telémaco foi realizada o pasado 22 de setembro simultaneamente en 13 provincias españolas e saldouse cun resultado de 13 detidos e 6 imputados, presuntos autores dun delito de corrupción de menores debido a realización, tenencia e distribución de pornografía infantil.

    Nesta operación foi na que se puxo en funcionamento por primeira vez o sistema Vicus que comezara o seu desenvolvemento no 2008 e que aprobaba con nota a súa primeira aplicación na prática.

    É un sistema posto en marcha pola Escola Técnica Superior de Telecomunicacións da Universidade de Vigo en colaboración coa Garda Civil e Gradiant, o Centro de Telecomunicación de Galicia.

    O sistema Vicus supera amplamente ó seu predecesor, o Hispalis, que era o que viña empregando ata o de agora a Garda Civil. Ofrece unha maior fiabilidade á hora de detectar casos de pederastia e reduce o que se chaman falsos positivos.

    Ademáis trátase dun sistema moi fácil de empregar, que non require de coñecementos tecnolóxicos previos, polo que a súa aplicación será moi sinxela.

    Redacción Salnés