Medio cento de comercios de O Grove participan na campaña de Nadal de Emgrobes

    O GROVE> A Asociación de Empresarios de O Grove iniciou esta mañá a súa campaña de Nadal. Emgrobes adianta este ano as datas do inicio buscando unha maior repercursión sobre a cidadanía e unha activación do comercio local. Un Nadal de Agasallos. Ese é o lema que reza este ano a campaña de Nadal de Emgrobes, que esta mañá foi presentada na Sala das Cunchas, na casa consistorial. Os comerciantes mecos dividen as súas accións este ano en dúas partes: a primeira, dende hoxe e ata o 12 de decembro, unha precampaña de Nadal coa que se pretende reactivar o consumo nos establecementos da vila e na que os clientes entrarán en sorteos de vales de compra por valor de 50 e 100 euros. Dende o 12 de decembro ata o 6 de xaneiro desenvolverase o groso da campaña, co sorteo dunha viaxe a Londres e unha estancia no Hotel Quinta da Auga. Ademais, as actividades habituais adicadas sobre todo ós máis pequenos da casa. Dende Emgrobes tamén anunciaron que a gran gala de fin de campaña terá lugar o 12 de xaneiro. Ademais, este sábado 22 de novembro a asociación celebra no Hotel Louxo a súa cea gala na que fará entrega dos premios Grove de Ouro e de Prata. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/18/emgrobes600_181113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/18/emgrobes_181113.mp4{/flowplayer}