Vivenda declara áreas de rehabilitación integral varios barrios de Rianxo

    rianxoari_060508.jpgRIANXO> A Consellería de Vivenda e Solo declarou áreas de rehabilitación integral os barrios de Rianxo, Rianxiño e A Fincheira en Rianxo

    Grazas a obtención desta denominación os propietarios das vivendas situadas nestas áreas terán acceso a subvencións que poderán chegar ata os nove mil euros para a rehabilitación e mellora das súas residencias.

    Máis de oitocentas vivendas

    Esta medida enmárcase dentro dunha das liñas prioritarias de actuación da Consellería de Vivenda e Solo que é a rehabilitación e conservación do patrimonio arquitectónico construído. Neste caso trátase dunha actuación que beneficiará a máis de oitocentas vivendas situadas nos barrios de Rianxo, Rianxiño e A Fincheira e que supón un investimento total de máis de 42 millóns de euros.

    {flowplayer}barbanza/rianxoari.flv{/flowplayer}

    Axudas de ata nove mil euros

    Unha vez que o departamento autonómico vén de cualificar estes barrios con áreas de rehabilitación integral, o seguinte paso será asinar co concello de Rianxo e co Ministerio de Vivenda convenios de colaboración anuais en materia de rehabiitación e urbanización que permitirán aos propietarios acceder a axudas de ata 9 mil euros.

    A rehabilitación poderá levar a cabo tanto no interior como no exterior das vivendas e dos eficicios e tamén se poderán realizar obras de reurbanización nas rúas e prazas.

    A día de hoxe, a Consellería de Vivenda ten declaradas un total de 41 áreas de rehabilitación en 32 concellos galegos, ás que hai que sumar agora as do concello de Rianxo.

    Redacción Barbanza