O estudo informativo da variante de Portosín sae a exposición pública

    PORTO DO SON> As persoas ou entidades que o desexen, poderán formular alegacións ó trazado desta estrada ata o 27 de decembro. A dita resolución sae publicada no DOG de hoxe.

    A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas informou de que a exposición pública do estudo informativo e de impacto ambiental da variante de Portosín ten coma principal finalidade analizar os datos precisos para definir os trazados das diferentes alternativas viables que sirvan de variante da estrada AC-550 dende Taramancos ata Porto do Son. As dificultades á hora de mellorar a capacidade da dita estrada, foi unha das principais razóns que levou á Xunta a proxectar unha vía de nova execución, co obxectivo de diminuír os tempos de percorrido, e reducir tamén as retencións polas distintas zonas polas que discorre a actual estrada. O estudo informativo contempla tres posibles trazados, dos que a Xunta seleccionou a Alternativa B como a opción máis idónea para a construción da nova variante. Nela, cunha lonxitude de algo mais de sete quilómetros, o trazado iníase no enlace de Taramancos e remata na variante de Cans. O trazado bordea varias núcleos de poboación, como é o caso de Vilar, Boa, Meruso, Fontenla e Miñortos. Fontes da propia Administración Autonómica consideran que esta opción é a que presenta unha menor afección e tamén menor ruído e impacto paisaxístico, xa que se requiriren menores movementos de terras. Ademais de beneficiar directamente ós veciños de Porto do Son, Lousame, e Noia, a actuación potenciará tamén as comunicacións dende Santiago. Aquelas persoas ou entidades que o desexen, poderán formular alegacións por escrito relativas ó trazado desta estrada ata o 27 de decembro, nas oficinas da Axencia Galega de Infraestruturas, tal e como se recolle no Diario Oficial de Galicia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/20/estudoinformativovarianteportosin201113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/20/estudoinformativovarianteportosin201113.mp4{/flowplayer}