RIBEIRA> Galiza Nova Barbanza anima ó estudantado da comarca a secundar a folga xeral no ensino convocada pola asociación ERGUER para este mércores. Pretenden, a través desta protesta, esixir a derrogación da LOMCE e do decreto tres máis dous que reduce a duración dos graos a tres anos. Barbanza sumarase ós actos da folga estudantil convocada para este mércores cunha mobilización que partirá a mediodía da estación de autobuses. Pretenden así sumarse ás reivindicacións da asociación de estudantes ERGUER, convocante do paro, relativas á retirada da LOMCE e do decreto tres máis dous. Durante estas semanas, Galiza Nova desenvolveu unha campaña informativa polos institutos da comarca para explicar as razóns da convocatoria de folga. Campaña que, din, tivo gran acollida non só entre os estudantes senón entre toda a comunidade educativa, afectada na súa totalidade polas políticas educativas promovidas dende o goberno.
Inicio Barbanza - Muros - Noia