Portos mellora a seguridade viaria na explanada portuaria de Rianxo

    RIANXO> O presidente en funcións do ente autononómico, José Juan Durán, comprobou o resultado das obras levadas a cabo nas últimas semanas que supuxeron un investimento superior ós 45 mil euros. Acompañado do alcalde, Adolfo Muíños, e do patrón maior, Miguel Ángel Iglesias, o presidente en funcións de Portos de Galicia, José Juan Durán,fixo un percorrido pola explanada portuaria para supervisar o resultado da sobras de reforzo de mellora da seguridade vial levadas a cabo nas últimas semanas e que supuxeron un investimento por parte da consellería do Mar de máis de 45 mil euros. As obras consistiron basicamente na mellora do firme de varios viais portuarios moi transitados. José Juan Durán informou de que nas próximas semanas acometerase tamén a mellora da pavimentación da explanada portuaria anexa ó Náutico. Durante a visita o presidente en función de Portos referiuse tamén a outras actuacións pendentes na localidade como son a ampliación dos pantaláns e a dragaxe do peirao de Setefogas.