BOIRO> O director xeral de Comercio mantivo un encontro cos responsables da Asociación Boirense de Empresarios para analizar as principais necesidades do comercio de proximidade. Dende a Xunta biscan recoller as inquedanzas do sector para deseñar os programas de apoio e as liñas de axudas do próximo exercicio.
No marco da rolda de xuntanzas que está a realizar con asociacións de comerciantes de toda Galicia, o director xeral de Comercio desprazouse esta mañá ata Boiro para manter un encontro co presidente e xerente da ABE. Alí, puido escoitar de primeira man os retos que afronta o comercio local de cara a ter en conta as súas necesidades no deseño dos novos programas e convocatorias de axudas para 2024.
Dende a ABE destacaron a gran puxanza do sector comercial en Boiro, que evidencian os bos datos da campaña de fidelización que puxo en marcha a patronal a principios de ano.
O presidente da ABE quixo tamén agradecer o apoio da dirección xeral de comercio a través das axudas ás asociacións e outras campañas como os bonos activa comercio.











