Varios empresarios sondean se instalar áreas comerciais en Vilagarcía

    VILAGARCIA> O Alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, desminte que haxa algunha proposta en firme por escrito para instalar unha gran área comercial neste Concello pero si confirma que houbo conversas de posibles empresas interesadas de xeito informal. Amais, reitera que a competencia sobre as grandes superficies non son de competencia municipal. O Alcalde de Vilagarcía arremete contra o BNG por sinalaren que o Concello está a tramitar a instalación de futuras áreas comerciais neste Concello. Tomás Fole asegura que non hai ningunha petición formal e reta ó BNG á que as presente se ten constancia delas. O que si aclara é que houbo varios inversores interesados por establecerse en Vilagarcía pero que as cuestións as realizaron de xeito informal. Respecto á finca de MEGASA, Fole reiterou que a mesma non mudou a súa cualificación. A única variación que teñen é a de ordenar varias naves anexas para adaptarse á LOUGA. Namentres o rexedor vilagarcián denuncia que actitudes como a do BNG espantan a posibles inversores; os comerciantes locais seguen preocupados pola posibilidade da chegada dunha gran superficie de compras. Para atallar futuros problemas, os empresarios vilagarciáns piden que se tomen medidas a priori, se é que realmente se aposta polo pequeno comercio. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/20/megasa_1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/20/enquisa_centro_comercial_villa.mp4{/flowplayer}