Este ano licitarase o saneamento integral de Riveira

    Ribeira> O Conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras anunciou onte no programa desta casa Pleno Aberto a licitación do saneamento integral de Riveira antes de que remate este ano, e a futura creación dun camping na Illa de Ons. Falou amais de temas de actualidade que fan referencia á súa carteira como é a recuperación medioambiental de Galicia tralo Prestige, o caso Ence-Elnosa ou a suba do canón de SOGAMA. O saneamento integral de Riveira licitarase antes de que remate este ano. Así o anunciaba onte no programa Pleno Aberto o Conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras dentro do plan de saneamento das Rías Galegas. Como novidades, Agustín Hernández falou tamén da creación dun camping na Illa de Ons. A maiores falou de temas de actualidade como foi a sentencia do Prestige. Aquí o Conselleiro ratificou o que xa sabiamos: que os xuristas da Xunta de Galicia están a estudiar as condicións na que presentan a reclamación civil sobre esta sentencia da Audiencia da Coruña. No tocante á recuperación medioambiental das Rías Galegas, o Conselleiro asegurou que o espazo natural afectado produce incluso máis que antes da catástrofe. Amais asegurou que Galicia está máis preparada que daquela para enfrontarse a unha situación límite como a que supuxo a vertedura do Prestige. No referente á Elnosa, Hernández gabouse de ser o Conselleiro que poñía data de saída da Ría a esta empresa contaminante, aportando garantías ós traballadores. En relación á subida do canon de SOGAMA entendeu as reivindicacións económicas da empresa como axustadas á legalidade e apostou por reducir o recibo do lixo reciclando máis e apostando pola compostaxe. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/20/agustin.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/20/mati_entrevista_pleno_aberto.mp4{/flowplayer}