O PP non confirma rumores e segue sen desvelar o seu candidato en Sanxenxo

    SANXENXO> Os partidos van perfilando as súas listas para as eleccións do mes de maio, un traballo que aínda está pendente no Partido Popular de Sanxenxo. Cando menos, de xeito oficial. Son moitos os que falan dun retorno de Telmo Martín á política municipal, afastando á actual líder e alcaldesa Catalina González.

     

    A cabeza de lista do Partido Popular de Sanxenxo aínda está baleira. O partido non confirma o rumor que sona dende hai meses, e que sitúa a Telmo Martín como o home de confianza dos populares para manter a alcaldía. O deputado nacional gañara as eleccións do 1997 e do 2003 con maioría absoluta. No 2006, antes de esgotar o seu segundo mandato, abandonou alcaldía para concorrer como candidato en Pontevedra.

    Martín podería ser a opción para pór fin ás divisións internas dos populares de Sanxenxo, cun sector contrario a Catalina González. Dende o PP provincial tampouco retiran das quinielas o nome da actual alcaldesa, e suman un máis: o da concelleira Paz Lago.

    Dende o partido, a versión oficial é que as incógnitas quedarán despexadas ao longo do mes de febreiro. Os rumores insisten en que o PP xa pechou o seu compromiso co candidato Telmo Martín, á espera de que o comité electoral ratifique esta decisión.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/03/enquisa_eleccions_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/03/enquisa_eleccions_sanxenxo.mp4{/flowplayer}