A seca aumenta nun 30 por cento os custes de producción agrícola

    riego_finca100.jpgSALNÉS> A seca está a aumentar nun 30 por cento os custes de producción na horta, segundo estima a cooperativa Hortumia, de Cambados.

    {flowplayer}images/salnes/problemas_seca_hortumia.flv{/flowplayer}

    A calor e a falta de choiva no que levamos de inverno está a obrigar ós agricultores a regar con maior frecuencia os seus cultivos. Ademais, vense obrigados a redefinir a producción programada e estar moi pendentes da evolución dalgúns cultivos, como as patacas ou os chícharos, que están a ter problemas de crecemento, por mor da seca.

    Parece que en vez de en marzo esteamos no mes de xullo. E isto nótase tamén na demanda. Con esta calor, a xente prefire comer acelgas, espinacas e sobre todo leituga, no canto dos repolos ou grelos que se botan no cocido típico destas datas. Isto inflúe tamén nos prezos, e algúns productos estanse a vender incluso por debaixo do custe de producción.

    O campo espera, como auga de maio, e nunca mellor dito, que o vindeiro abril traia augas mil. En fin, que se cumpra o refraneiro popular e volva a choiva. Para eles é a única alternativa para saír airados esta tempada.

    Polo de pronto, os servizos meteorolóxicos auguran que a choiva faga acto de presencia xa esta fin de semana, inda que de xeito pasaxeiro.

    Redacción Salnés