Neixón revela ocupacións posteriores á época castrexa

BOIRO> O alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste, visitou esta mañá, xunto a edil de Cultura, Helena Teixeira, e o arqueólogo municipal, Víctor Barbeitoo , o Castro Grande, no que dende hai varias semanas está a traballar un grupo de alumnos de arqueoloxía da Universidade de Santiago. Neixón é dun dos xacemento galegos nos que se levan realizado un maior número de intervencións. Boa parte delas, fundamentalmente as desenvolvidas nos últimos anos, foron posible grazas a implicación do Concello e tamén da Universidade de Santiago. Hai varias semanas iniciábase unha nova edición do Curso Arqueoloxía Práctica no que están a participar, en varias quendas,  unhas doce persoas. A escavación deste ano está a aportar novos datos, revelando aspectos de interese, como o feito de que a maioría dos restos que se están atopando no propio castro, son de procedencia altomedieval. Dende o Concello destacaron a importancia desta iniciativa, na que o Concello inviste uns trinta mil euros, e que sirve, ademais de formación para poñer en valor este xacemento. O remate do curso está previsto para a vindeira semana. Será daquela cando se poida facer balance desta actuación e ter máis datos da actividade que se desenvolveu en Neixón ó redor do século IX despois de Cristo.