EU posiciónase en contra de grandes áreas comerciais

    VILAGARCIA> Esquerda Unida de Vilagarcía ven tamén de posicionarse en contra dun posible centro comercial neste Concello. Aseguran ter constatación de que esas negociacións entre representantes de grandes áreas se produciron, aínda que non saben de certo a que empresas concretas responden. Acusan ó Alcalde Fole de imitar a política especulativa para o seu enriquecemento persoal que fixo no seu día o anterior alcalde Javier Gago. Esquerda Unida ven a sumarse ás denuncias en contra da instalación dunha área comercial en Vilagarcía, sexa onde sexa, e peor se é na parcela de MEGASA onde eles xa denunciaran daquela, cando foi o conflicto laboral, que se estaban a eliminar postos de emprego cun fin especulativo urbanístico. O líder esquerdista asegura ten constatación de que non se trata dun ruxe-ruxe: as conversas para instalar un centro comercial en Vilagarcía existiron. Neste punto, Fajardo vai a esixir que se cumpra un acordo plenario ó respecto para obstaculizar a implantación deste tipo de áreas, posto que entende que a súa instalación suporá un gran prexuízo ó comercio local. Hai para todos: Esquerda Unida arremete contra o BNG por participar na extinción dos postos de emprego que xeraba MEGASA canto estaban como socios de goberno no bipartito. Un goberno que consentiu en crear unha saída na vía rápida feita ad hoc para un posible centro comercial no entorno do Hospital do Salnés. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/22/fajardo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/22/fajardo_centro_comercial.mp4{/flowplayer}