Boiro volverá acoller a cablagata máis extensa do Barbanza

BOIRO> O concello de Boiro e a Comisión Parroquial de Santiago de Lampón volverán colaborar para traer ós Reis Magos ata o municipio. O día 5, as súas maxestades percorrerán Boiro na cabalgata máis longa da comarca. Na véspera serán as Raíñas Magas as que visiten tódalas parroquias.

Ás seis menos cuarto do próximo domingo, as súas Maxestades de Oriente partirá da zona da Magdalena arroupados por unha extensa comitiva. Oito carrozas, diversas agrupacións musicais e os tradicionais antorcheiros e espadeiros pasará  polo Sequelo, Ponte Giáns e a rúa Principal para chegar á praza de Galicia onde terá lugar a recepción real.

Unha vez finalizada, farán o percorrido de volta pola rúa peonil e a estrada xeral rematando o percorrido no centro social de Escarabote. Na xornada previa, como anticipo á gran cabalgata terá lugar a visita das Raíñas Magas que se converteu xa en tradición dende hai uns anos.