A Alcaldesa de Sanxenxo presta declaración pola suposta corrupción urbanística

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/29/catalina.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/29/declaracion_catalina_xulgado.mp4{/flowplayer} CAMBADOS> A Alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, prestou esta mañá declaración durante tres horas no Xulgado de Cambados polo suposta trama de corrupción urbanística neste Concello. Falamos ca rexedora de Sanxenxo que se amosou confiada con que a xustiza lle dará a razón. Seguen as declaracións no xulgado de Cambados pola presunta trama de corrupción urbanística de Sanxenxo; relativa á construcción de chalés en Dorrón, Bascuas e un bloque de edificios na rúa Progreso. Este venres foi a quenda de declaración da actual rexedora sanxenxina. Catalina González entraba no xulgado ás 9 da mañá e permaneceu durante case tres horas declarando ante o xuíz. Á saída do mesmo non quixo afondar sobre o contido da súa declación. Catalina González afirmou contundente que estaba confiada na súa inocencia. Malia a presión mediática desta mañá a Alcaldesa de Sanxenxo asegurou que está a sobrelevar a situación. As declaracións sobre este caso comezaron o pasado martes co exedil de urbanismo, Ángel Casal ó que se lle acusa de prevaricación na construcción dos chalés. Onte era a secretaria xeral de Urbanismo durante o mandato de Telmo Martín, Encarnación Rivas, a que prestaba declaración durante gran parte da mañá, acusada dun delicto de prevaricación urbanística, que podería dar lugar a un delicto de cohecho. Os que si non pasaron por este xulgado foron o exarquitecto municipal e a exasesora xurídica da Xerencia de urbanismo sanxenxino, ámbolos dous imputados por prevaricación, cohecho e tráfico de influencias. Desde a Xunta de Galicia, o propio Presidente amosou o seu respaldo a Encarnación Rivas e asegurou estar moi atento a este caso.