Agustín Hernández inaugura o novo vial O Pino-Bora

PONTEVEDRA> O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, visitou esta mañá Pontevedra. Agustín Hernández inaugurou o desdobramento e posta en servizo do novo vial O Pino – Bora, a PO-542. Unha actuación que pon en valor esta zona da cidade e supón o inicio dun novo eixe de comunicación para Pontevedra. Este novo vial ten unha lonxitude de case 1,5 quilómetros e o seu desdobramento fíxose co obxectivo de aportar unha maior seguridade e fluidez ó tráfico a unha estrada pola que transitan máis de 10.000 vehículos diarios. Así o puxo de manifesto hoxe o conselleiro Agustín Hernández. Sinalou que esta vial O Pino – Bora, no que se investiron 10,15 millóns de euros incluíndo as expropiacións, ten capacidade suficiente para facer fronte á demanda do tráfico xerado polas zonas residenciais e industriais. O Conselleiro estivo acompañado na visita desta mañá por varios membros do seu partido. Sen embargo lamentou a ausencia de representantes do concello, como o alcalde, que foi convidado. Hernández criticou a Lores polo polémico peche ó tráfico da ponte da Barca. Por outra banda, tendeulle a man ó concello no proxecto do Hospital de Monte Carrasco, que segundo Hernández, sigue avanzando na tramitación. O conselleiro indicou que a Xunta ten intención de conectar Marcón con Bora a través dun vial similar ó que hoxe foi inaugurado. Sen embargo o proxecto está en fase de planificación e levarase a cabo cando haxa capacidade orzamentaria para acometelo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/03/agustin600_031213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/03/agustin_031213.mp4{/flowplayer}