Dous encapuchados atracan a punta de coitelo unha farmacia

PONTEVEDRA> Dous homes coa cara tapada irromperon onte á tarde nunha farmacia de Pontevedra e, a punta de coitelo, leváronse os cartos da caixa rexistradora e os que levaba enriba o único cliente que había naquel intre. A Policía Nacional xa investiga o suceso para dar cos atracadores, que fuxiron a pé.

Co susto no corpo e sen 350 euros. Así quedaron na farmacia Ana Rey Carballeda, na rúa José Malvar de Pontevedra. Onte á tarde dous homes coa cara tapada intimidaron á un traballador e a un cliente cun coitelo e fuxiron cos cartos da caixa rexistradora e cos que levaba enriba o cliente. Non tiveron tempo a reaccionar, e iso que o técnico da farmacia xa albiscou as intencións dos dous individuos cando entraron. Os atracadores fuxiron a pé co botín, e inda que a Policía Nacional chegou en cinco minutos xa non deron con eles. Segundo lembra o traballador da farmacia, os atracadores non tiñan acento estranxeiro e roldaban os 35 anos. No ano e medio que leva aberta esta farmacia é a primeira vez que sofre un asalto. O susto non llo quita ninguén. A Policía Científica examinou xa a farmacia na busca de probas para poder identificar ós atracadores. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/03/ATRACO_FARMACIA_PONTEVEDRA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/03/ATRACO_FARMACIA_PONTEVEDRA.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí