Tres bandas participan en Poio Sesións, que inclúe a gravación de maquetas, audiovisuais e un concerto

POIO>  Poio aposta polo talento musical emerxente. No municipio acaba de nacer Poio Sesións, unha iniciativa que busca acelerar proxectos e amplificar xéneros en galego entre bandas de persoas mozas non profesionais. Nesta primeira edición van participar tres bandas, coa implicación de máis dunha vintena de rapaces e rapazas. O proxecto inclúe tamén a produción e gravación de maquetas, pezas audiovisuais e un concerto en directo.

Poio Sesións é a nova aposta do concello para apoiar a creación musical emerxente no municipio. Unha iniciativa que vai permitir acelerar proxectos e amplificar xéneros en galego entre bandas de persoas mozas non profesionais. Esta mañá presentouse en Raxo este proxecto.

No arranque deste Poio Sesións xa están a participar tres bandas: unha de rock, outra de folk e outra de música urbana. Comezaron xa a s primeiras sesións de produción musical Xaime Illa. A partir deste sábado comezarán tamén a edición e gravación de maquetas en formato MP3 e dun vídeo promocional.

Antes dese concerto en directo queda moito por traballar e moitos ensaios no que participar. Esa parte está coordinada polo director da escola de música de Poio.

E a rapazada, tamén moi ilusionada co seu proxecto musical.

Nesta primeira edición do Poio Sesións están a participar 24 rapaces e rapazas.