A San Silvestre quere chegar ós 3.000 participantes no seu 30 aniversario

PONTEVEDRA> Queda case un mes aínda para que se celebre a San Silvestre de Pontevedra, pero xa vai quecendo motores. E é que este ano a proba cumpre o seu 30 aniversario e dende a organización pretenden que se volva batir un record de participación. A Gimnástica de Pontevedra e o concello volven a organizar un ano máis, e xa van 30, a Carreira Pedestre San Silvestre. Será, como marca o santoral, o día 31 de decembro ás 17 horas. Con saída e chegada na avenida de Montero Ríos, os participantes deberán percorrer unha distancia de 3.700 metros. A proba medrou de xeito considerable nos últimos anos: pasou dos 996 participantes de 2008 ós 2.528 do ano pasado. Nesta ocasión a organización conta con achegarse ós 3.000 e por iso animan a todo o mundo a que participe activamente dunha proba no que o competitivo é secundario. O prazo de inscrición xa está aberto e non se pechará ata o día 26. Pode facerse a través da páxina web: www.sgpontevedra.com. De momento hai xa 200 inscritos, entre eles os gañadores do ano pasado: Leticia Fernández e Víctor Riobó, este último o gran dominador da proba na última década con nove victorias. Opta polo tanto a levarse unha vez mais o lacón, que é o saboroso premio que se leva o vencedor. A carreira terá tamén a súa parte solidaria. A organización anima a xente a que leve o día da proba un producto de alimentación non perecedoiro para facerlle entrega do mesmo ó Comedor Social de San Francisco. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/04/silvestre600_041213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/04/silvestre_041213.mp4{/flowplayer}