O Teixugos vence na Promoción Slalom de Ribadumia

piraguismo250_120510.jpgRIBADUMIA> O entorno da Ponte de Cabanelas, en Ribadumia, acolleu a 3ª proba da Copa Galega de Promoción Slálom. Participaron máis dun centenar de rapaces e a victoria por equipos recaeu no Teixugos.

Os clubes Teixugos, Dumbría e Val Miñor coparon o podium da terceira proba puntuable da Copa Galega de Promoción Slálom, que se celebrou nas inmediacións da Ponte Cabanelas, en Ribadumia.

O mal tempo deslucíu un pouco a competición na que tomaron parte un centenar de rapaces en categorías benxamín, alevín e infantil, chegados dende diferentes puntos de toda a comunidade.

A participación máis numerosa deuse no K-1 infantil masculino, onde competiron 20 rapaces, dos que o máis rápido foi David Gonález, do Val Miñor. Destacaron tamén os triunfos, de Andrea González, do Teixugos, no C-1 infatil. Os seus compañeiros de club Manu Ochoa e Marco Patiño gañaron en K-1 alevín e benxamín, respectivamente. Iván Marchante, do Penedo, fíxose cunha meritoria e aplastante victoria en C-1 infantil.

No que respecta á actuación dos padexeiros locais, todos estiveron bastante lonxe dos primeiros postos. De feito o Náutico O Muíñonon puido meter a ningún remeiro seu entre os tres primeiros. Destacou o sexto posto de Brais Moraña en K-1 benxamín. Sexto foi tamén o equipo na clasificación por clubes.

Pasada esta proba, o vindeiro domingo día 16 de maio, Ribadumia voltará a ser a protagonista absoluta de cara ás competicións de piragüismo, posto que se celebra a XVI Baixada do Río Umia.

Redacción Salnés