O marinense Jonathan Monteagudo pelexará en Alemaña polo título mundial de Cuadriatlón

MARÍN> O marinense Jonathan Monteagudo participará esta fin de semana no Campionato do Mundo de Cuadriatlón. A proba vaise disputar o vindeiro sábado no lago de Bergsee, en Ratscher, Alemaña.

O deportista poderá competir este ano grazas ao patrocinio do Concello de Marín e a unha campaña de Crowfunding, organizada polo seu club de tríatlon, e que contou coas achegas económicas de moitos compañeiros e de persoas anónimas.

A proba na que participará Monteagudo suma ao tríatlon a disciplina de piragüismo. Deste xeitoi, terá que completar 750 metros de natación, 20 quilómetros sobre a bicicleta, 4 quilómetros en piragua e, por último, 5 quilómetros finais de carreira a pé.

O marinense rematou terceiro no Mundial do 2017 e Subcampión no Europeo.