![]()
CAMBADOS > Os equipos da comarca do Salnés acadaron grandes resultados esta fin de semana no tocante a tenis de mesa. O Establecimientos Otero continúa imparable en Primeira Nacional mentres que unha división por debaixo o Grupo Barros no cede na súa persecución ó grupo de cabeza.
O Establecimientos Otero continúa imparable no seu camiño de retorno a División de Honor. Esta fin de semana enfrontábase a un complicado conxunto como é o Aluminios Tinorte-Burgos, e ademais contaba coa baixa dun dos seus puntais, Karol Hasek. Pero non tiveron problemas e venceron con contundencia por 4 -0, polo que continúan líderes en solitario da categoría.
En Segunda Nacional o Grupo Barros non cede na súa persecución ó segundo clasificado, e acadou a súa terceira victoria consecutiva, desta volta ante o Lalín por 4-2. Dous puntos de Toni, un de Miguel e o acadado polo doble formado por Toni e Fer déullela victoria ós cambadeses.
En Primeira Galega fin de semana horrible para o Joyería Enrique que perdeu os dous encontros que disputou. Primeiro caeron o sábado co Monteporreiro B por 0 -4 e o domingo repetiron derrota en Vilagarcía por 4 -1. Nesta categoría tamén sucumbíu o Caixa Galicia por 4-3 en Coruña, ante o Club del Mar Juvenil. Ademais, en segunda galega o Caixanova impúxose o Indugasa Vigo por un axustado 4 a 3.
Destacar tamén os resultados na terceira autonómica na que os dous equipos correron distinta sorte no seu desplazamento a Padrón; perdeu o Astegal e gañou o Insucarpi.
Redacción Salnés







