Este Nadal: escumosos Rías Baixas !

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/04/brinde.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/04/ptac_escumosos_041213.mp4{/flowplayer} CAMBADOS> Nada de champaña nin de cava; o máis “in” neste Nadal serán os albariños escumosos; un producto da terra de calidade que poderán degustarse en cata este domingo en Cambados, maridados con ostras locais. Cambados acolle este domingo a segunda edición da xornada de exaltación de Viños escumosos Rías Baixas en maridaxe con ostras deste Concello. Será a partires das doce da mañá no Salón de Congresos José Peña. A entrada é de balde pero o aforo é limitado: collen unhas 130 persoas co que cómpre reservar invitación no propio Concello ou oficina de turismo de Cambados ou nalgunha das adegas ca xa produce estes viños brancos con burbullas dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas: Mar de Frades, Eidosela, As Laxas, Coto Redondo ou Pablo Padín. Este evento pretende achegar este novo producto mediante unha cata na que se servirán os escumosos das seis adegas que xa o producen baixo o paraugas da DO. E é que estas datas son as máis axeitadas para darlle un toque de distinción ós nosos banquetes; substituíndo champañas e cavas por algo máis noso: un albariño de alta calidade con máis carga de glamour da habitual. Nesta ocasión os escumosos estarán acompañados de ostras por ser Cambados o Concello que máis exporta este producto de toda Galicia. Porén este é un caldo versátil que pode acompañarnos ó longo de todo o menú.