Costas inicia a reparación da ponte do paseo marítimo rianxeiro

    RIANXO> Se todo marcha segundo o previsto, a pasarela, que resultara danada a consecuencia dun acto vandálico o pasado mes de xullo, podería estar rematada antes de finais de ano. Despois de varios meses pechada, a consecuencia dun acto vandálico que queimou unha parte da ponte peonil do paseo marítimo que une Rianxo co areal da Torre, o que obrigou ás autoridades locais a pechar dende aquela a infraestrutura ó non poder garantirse a seguridade dos peóns, o seu arranxo está máis preto. O Ministerio de Medio Ambiente, a través da Demarcación de Costas en Galicia, iniciou esta semana a súa reparación. Segundo explicou o propio alcalde, Adolfo Muíños, a nova foi moi ben acollida, tanto no equipo de goberno coma nos propios veciños, que levaban reclamando o arranxo da ponte dende hai tempo, pois ademais de ser un dos símbolos da vila e do seu paseo marítimo, constituía unha importante e transitada vía de comunicación entre o núcleo rianxeiro e a parroquia de Taragoña. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/04/inicioobraspontepaseomaritimote041213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/04/inicioobraspontepaseomaritimote041213.mp4{/flowplayer}