Os traballadores de ENCE están ‘frustrados e desesperados’ e ven as conversas no ‘punto de partida’

PONTEVEDRA> Terceira convocatoria da mesa de diálogo sobre o futuro de ENCE e unha nova decepción para os traballadores da pasteira. Hoxe volveron concentrarse diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra durante as case tres horas que durou o encontro.

Un douscentos traballadores de ENCE volveron concentrarse diante da Subdelegación do Goberno. Fixérono sen incidentes e durante o tempo que durou a terceira convocatoria da mesa de diálogo sobre a pasteira; un encontro do que sairon desilusionados.

Tamén volveron quedar patentes as diferenzas dentro do colectivo de traballadores. Así, dende o comité de empresa de oficinas centrais insisten en que non hai alternativa a Lourizán, e defenderon a adscripción dos terreos ao Porto de Marín para evitar o peche.

Nesta postura coinciden os traballadores do sector forestal, loxístico e de transporte que advirten de que están dispostos a retomar as mobilizacións de xeito contundente.

Pola súa banda, o comité de fábrica pediu ao goberno central a realización dun estudo de localizacións alternativas a Pontevedra dentro de Galicia.

Todas as partes quedaron emprazadas a un novo encontro que aínda non ten data.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí