Detido o autor de alomenos once roubos en vehículos en Boiro

BOIRO> A Garda Civil detivo a un veciño da localidade coma presunto autor dun delito de once roubos. Segundo informaron fontes do Instituto Armado foron cometidos nas últimas semanas no interior de vehículos que estaban estacionados nos portos de Escarabote e Cabo de Cruz, así como tamén na praia de Mañóns.

Na maioría dos casos as vítimas eran mariscadores que deixaban os seus turismos estacionados para desenvolver o seu traballo no mar.

O presunto ladrón aproveitaba a ausencia destes para acceder ó interior dos vehículos e facerse cos obxectos de valor que houbese neles.

Ó parecer trátase tamén dun vello coñecido das forzas da orde. Trala súa detención, xa foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira, que decretou o seu ingreso en prisión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí