“Móvete por Mozambique”, a carreira solidaria dos alumnos do San Fermín

    caldas> “Móvete por Mozambique”, é o lema da carreira solidaria na que esta mañá participaron os alumnos do Colexio San Fermín de Caldas. A Carballeira do municipio acolleu esta actividade a favor da ONG “Emiliani”. Eles, estudantes do Colexio San Fermín de Caldas, explicábano perfectamente xusto antes de comezar a carreira esta mañá. A Carballeira do concello acolleu esta evento solidario organizado pola Congregación dos Pais Somascos, propietaria deste centro educativo, co obxectivo de doar fondos á súa ONG “Emiliani” para o Fogar de Menores que teñen en Beira, Mozambique. Sobre concienciación coñece ben o Pai Carlos. Despois de ser profesor neste colexio de Caldas, leva xa oito anos dirixindo a casa fogar de Mozambique. E ós rapaces e rapazas de Caldas quedoulle ben claro o obxectivo. E para iso, e poder estar á altura na carreira, houbo que adestrar durante a semana, Os obxectivos deportivos, máis que cumpridos, pero para o máis importante, para o financiamento, tamén foron os cativos os encargados de conseguir ós patrocinadores, e atopáronos moi preto deles. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/04/carreira_solidaria_caldas_04052017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/04/carreira_solidaria_caldas_04052017.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí