Vilagarcía podería aforrar 180.000 euros do plan de pago a provedores

    VILAGARCÍA> Vilagarcía podería aforrar preto de 180.000 euros no pago de intereses con cargo ó plan de pago a provedores ó que se acollera. O Ministerio de Facenda vén de ofrecer ós municipios que se acolleron a este plan a posibilidade de asinar un convenio para reducir os xuros derivados do empréstito. O acordo pasaría por ampliar un ano o período de carencia e reducir en 140 puntos o diferencial sobre o que se calcula o tipo de interese a tres meses. Segundo os cálculos do goberno vilagarciá, isto suporía ó concello un aforro de preto de 180 mil euros en toda a vida do préstamo. A proposta de adhesión a este convenio presentarase o venres nun pleno extraordinario convocado ó efecto no que tamén tomará posesión das súa acta como concelleiro o socialista Fernando Quintela, que ocupará o lugar deixado por Susana Camiño.