Dez novos bombeiros reforzarán os parques da provincia de Pontevedra

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/10/bombeiroscurso.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/10/CLAUSURA_CURSO_BOMBEIROS.mp4{/flowplayer} PONTEVEDRA> Desde hoxe os cinco parques de bombeiros que integran o consocio provincial de Pontevedra contan con 10 novos profesionais cualificados para prestar unha atención experta e inmediata a cidadanía. Son parte dos alumnos que veñen de rematar o curso de axente de extinción de incendios impartido no parque de Vilagarcía. Os outros seis que completaron o grupo quedarán na bolsa de emprego. En doce anos a provincia de Pontevedra pasou de non ter agrupacións de extinción de incendios a contar con cinco parques de bombeiros funcionando a pleno rendemento. Parques que desde hoxe, dispoñen dun plantel mínimo de 18 profesionais cada un grazas á incorporación de dez novos traballadores ás súas instalacións. Son parte dos alumnos que acaban de rematar o curso de axente de extinción de incendios, intervención e salvamento en emerxencias impartido nas instalacións de Vilagarcía. Esta mañá, recibían os seus diplomas. En total o curso contou con 16 participantes, así que á marxe dos dez que xa se van a incorporar ó seu posto de traballo, os seis restantes pasan a integrar a bolsa de emprego para poder see contratado en caso de rexistrarse vacantes ou baixas. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou no acto que grazas ós 25 parques de bombeiros existentes en Galicia e o novo mapa de Grupos de Emerxencia Municipal deseñado, tódolos galegos teñen garantida a intervención dun profesional en caso de emerxencia nun tempo máximo de 20 minutos.