BOIRO> Boiro Novo vén de presentar unha moción para estender a celebración do Día das Letras Galegas a un acto folclórico. Propoñen a publicación anual dun ensaio en lingua galega sobre algún aspecto do concello boirense. Ademais dos actos a desenvolver no propio dia 17, cando se celebrará a tradicional Romaría das letras organizada por Barbantia e o concello, dende Boiro Novo pretenden ir máis alá. A proposta da publicación dun ensaio sobre algún aspecto do concello suporía a memoria e dignificación desta efeméride poñendo en valor as peculiaridades que definen ó pobo boirense. Na moción propoñen que estas publicación se presenten cada ano co gallo do 17 de maio.
Inicio crb