CAMBADOS> A antiga sede da Mancomunidade de O Salnés será en breve o edificio no que se asentaran tanto o Consorcio do Comercio de O Salnés como Zona Centro, a asociación de comerciantes de Cambados. Unha ocupación que se levará a cabo en canto rematen as obras de mellora de esta instalación.
Zona Centro trasladará a súa oficina da rúa Ourense a Nova en Cambados, onde con anterioridade se situaba a Mancomunidade de O Salnés. Unha excelente nova, xa que o traslado posibilitará a ampliación de espazo dispoñible para impartir cursos ou reunións.
O deficitario estado no que se atopaba esta instalación levou a realización de importantes melloras, tales como; a reparación da fachada principal e arranxos varios no seu interior.
O consorcio ou os comerciantes de Cambados, non estarán solos neste edificio, a sede da Fundación Plácido Castro tamén se situará nas plantas superiores do edificio municipal.
Pendente queda agora a mellora da accesibilidade do edificio, para que calqueira cidadán poida asistir ao mesmo.
Inicio crb