Vilanova acolle mañá unha multitudinaria cea de simpatizantes do PP

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/13/cea_pp.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/13/previo_cea_pp_vilanova.mp4{/flowplayer} VILANOVA> O PP Provincial de Pontevedra organiza mañá en Vilanova a súa tradicional cea de confraternidade de Nadal. O pavillón polideportivo vilanovés quedouse pequeno para atender a alta demanda de simpatizantes que solicitaban asistir. Entre os comensais encontrarase o Presidente da Xunta de Galicia e a Ministra de Fomento. O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; a Ministra de Fomento, Ana Pastor e o Presidente do PP de Pontevedra, Rafael Louzán cearán mañá en Vilanova con dous milleiros de afiliados e simpatizantes do Partido Popular nun xantar de confraternidade de Nadal. O acto terá lugar a partires das nove da noite no pavillón Municipal; un recinto que se quedou pequeno para acoller a avalancha de solicitudes que se presentaron nos últimos días. O custe do prato será de 20 euros por persoa aínda que xa non quedan invitacións. Só en Vilanova vendéronse 470. Un intenso poder de convocatoria que outros partidos non teñen, e por iso anda a oposición falando mal da idoneidade de este acto en instalacións municipais vilanovesas, segundo a versión do Alcalde Gonzalo Durán. A idea é que nas vindeiras edicións esta cea vaia rotando por outros concellos da comarca. Amais, outros concellos da provincia organizan un xantar de confraternidade da familia popular, co que en global suman en Pontevedra 10.000 comensais simpatizantes do PP.