No 2014 daráselle valor á figura do intelectual Víctor Said Armesto

PONTEVEDRA> A Deputación Provincial de Pontevedra, o Museo do Pobo Galego e a Fundación Barrié colaboran na organización dos actos de conmemoración do centenario do pasamento do ilustre e polifacético pontevedrés Víctor Said Armesto.Así se plasmou esta mañá nun convenio que dará na organización de diferentes actos en A Coruña, Pontevedra e Santiago orientados a afondar no coñecemento e na divulgación da figura do intelectual pontevedrés. A Deputación Provincial de Pontevedra, o Museo do Pobo Galego e a Fundación Barrié colaboran na organización dos actos de conmemoración do centenario do pasamento do ilustre e polifacético pontevedrés Víctor Said Armesto. Con eles, ámbalas tres institucións pretenden que o gran público redescubra unha das figuras máis importantes da cultura e pensamento galego, esquecido por moitos por mor do seu pasamento temperá. En virtude do convenio asinado esta mañá entre os responsables da Administración provincial, Rafael Louzán, do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi González, e da Fundación Barrié, José María Arias Mosquera, organizaranse varios actos cos que dar a coñecer a figura deste intelectual pontevedrés. A maiores está prevista a celebración de outras actividades culturais orientadas a difundir a súa notable creación como son concertos musicais ou proxeccións audiovisuais. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/13/convenio13.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/13/convenio_depu_museo_pobo_galego.mp4{/flowplayer}