A Fundación Valle Inclán prepara un congreso literario en Vilanova

fundacionvalle100_290607.jpgVILANOVA > Destacados estudosos e investigadores de España, Europa e América achegaranse no mes de outubro a Vilanova …

… para participar no oitavo Congreso Internacional de Literatura Española Contemporánea.

A Fundación Valle Inclán promoverá o desenvolvemento do oitavo Congreso Internacional de Literatura Española Contemporánea que se celebrará a primeira semana de outubro. Onte reuniuse o padroado en Vilanova para abordar a axenda deste congreso. O ámbito de actuación será A Coruña e Pontevedra, en concreto, Vilanova de Arousa, que convocará a unha ampla participación de estudosos e investigadores de España, Europa e América que disertarán desde diferentes ópticas a influencia de Valle Inclán e a súa repercusión na literatura, da súa época e contemporánea.

O seminario literario busca, entre outros obxectivos, involucrar a estes profesionais nas actividades organizadas polo congreso, e potenciar, dentro e fóra de Galicia, unha maior apreciación dos valores históricos, sociais e literarios da obra de Valle-Inclán. Ademais, a Fundación quere así apoiar a labor das administracións públicas na recuperación do patrimonio cultural dos galegos, desde o ámbito da investigación universitaria. Neste congreso colaboran a Xunta, a Universidade da Coruña, o Ateneo de Madrid e Progaf, grupo de investigación da Universidade da Coruña, ademais da Deputación de Pontevedra.

Redacción Salnés