O CR Vilaxoán e Cuca comprométense por dous anos

VILAGARCÍA> O Club de Remo de Vilaxoán e Cuca asinaron un convenio que os compromete durante os dous vindeiros anos. Un importante acordo económico co que sacar adiante un proxecto moi ambicioso segundo manifestou o presidente do club.
O Club de Remo de Vilaxoán asinou un convenio coa empresa Cuca. un importante acordo co que conseguir facer realidade o proxecto de esta entidade.
A entidade deportivo competirá a partir de agora co nome Cuca-Vilaxoán. Grazas a este tipo de acordos o club poderá afianzar as estruturas femininas, tal e como afirmou, o presidente, Gelo Tarrío.
Tras tres anos colaborando, agora súmanse outros dous que permitirán a entidade de Vilaxoán ter continuidade no futuro. Acadando excelentes datos nas competicións e co financiamento asegurado, o Cuca Vilaxoán xa se prepara para a proba de mañá, que se disputará na casa.