A Basket Cup volve para encher de baloncesto a Semana Santa vilagarciá

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/02/ptac_vbc_2014.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/02/ptac_vbc_2014.mp4{/flowplayer} 

     

    VILAGARCÍA> Xa temos ás portas unha nova edición da Vilagarcía Basket Cup. Este ano, o torneo cumpre 19 anos cunha edición ambiciosa, que fará que pola vila pasen máis de 1300 nenos e nenas afeccionados ó baloncesto.

    A Semana Santa en Vilagarcía vívese a través do baloncesto. A vila ultima os preparativos para a Vilagarcía Basket Cup, unha cita que ós seus 19 anos chega chea de enerxía, con 114 equipos participantes e 160 partidos preparados. 

    Con epicentro nos oito campos que se distribuirán por Fexdega, a Basket Cup aposta unha vez máis polo baloncesto de base. Nesta edición contará cun padriño de excepción: o exxogador  croata Zan Tabak, que situou a cita arousá como unha das máis importantes de Europa.

    O deporte non será o único beneficiado coa Basket Cup. Os hostaleiros de Vilagarcía e arredores agardan a cita con ganas. Segundo a organización, só para os xogadores xa se reservaron 600 habitacións de hoteis.

    Un dos pratos fortes da competición é o torneo de seleccións nacionais sub17. Os encontros celebraranse os días 16, 17 e 18, cos choques de España-Arxentina, Arxentina-Francia e Francia-España.