Pontevedra atópase nunha situación de emerxencia social

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra atópase nunha auténtica situación de emerxencia social. Segundo UXT, arestora hai 1.090 familias que non contan con ningún ingreso e se ven abocados á beneficencia; unha cifra que medra conforme avanzan os meses. O Sindicato UXT ven de presentar a análise da situación laboral e social do Concello de Pontevedra e a súa comarca; unha valoración alarmante onde as haxa dado o alto índice de familias que non contan con ningún tipo de ingresos mensuais. Estes datos tíranse do Consello Económico e Social que tiveron co propio Consistorio pontevedrés. Ante esta situación piden a tódalas administracións que actúen con sensatez, adoptando medidas de axuda directas a determinadas familias, como as de minorar ou suspender ó cobro de tributos, amais de axudar directamente con fondos para a emerxencia social; e evitar o abuso actual das medidas punitivas como fórmula recadatoria. Amais, UXT reclama que non se realicen máis modificacións que dean en maior flexibilidade laboral; xa que a lectura que fan dos resultados da última reforma laboral, agora que leva case dous anos implantada, é a de que ven a precarizar aínda máis o emprego. E neste Nadal a actuación das grandes superficies ou cadeas comerciais en materia de emprego tamén deixa moito que desexar: as contratacións cando as hai é puntualmente nas vésperas dos festivos máis destacados. No eido do comercio, desde UXT aseguran que ese incremento nas vendas do que se fala este Nadal é ilusorio e non responde a datos reais. Por todo isto cualifican a este 2013 de ano fatídico. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/16/uxt2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/16/situacion_laboral_uxt.mp4{/flowplayer}