Sen Virxe das Dores por mor dun incendio

    VILANOVA> A Igrexa parroquial de San Miguel de Deiro quedou sen a imaxe da Virxe dos Dolores tras un incendio rexistrado esta fin de semana no templo. As lapas, que puideron ter a súa orixe nunha candea acesa ou nun curtocircuíto, tamén afectaron a un retablo. Os feligreses da Igrexa Parroquial de San Miguel de Deiro, en Vilanova, levaron un bo susto este sábado. A primeira hora da mañá unha intensa fumareda comezaba a saír do interior do templo mobilizando a veciños e servizos de emerxencia. Un dos primeiros alertados era o sancristán do templo, Manuel Viñas. Ó pouco de que iniciara o lume chegou ó recinto pero non puido entrar polo mesto do fume que se acumulou. A orixe dese lume aínda non está claro. Barállase que puidera ser unha candea que quedou prendida ou un curtocircuíto. As lapas afectaron a varias imaxes e un retablo de gran valor que agora terán que ser recuperadas por unha empresa especializada. Á falta de coñecer o montante ó que ascendería a reparación, Manuel Viñas xa fala da creación dunha comisión de veciños para poder colleitar entre todos os cartos suficientes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/16/incendioigrexadeiro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/16/INCENDIO_IGREXA_DEIRO.mp4{/flowplayer}