Santos Héctor: “Rueda é un mamporreiro político ás ordes de Feijóo”

PONTEVEDRA> O Partido Socialista na Deputación de Pontevedra cualifica a Rueda de “mamporreiro político” enviado por Núñez Feijóo para facer campaña en contra da presidenta da institución Carmela Silva.  O seu voceiro Santos Héctor tamén cargou contra os deputados populares, aos que acusa de queixarse de ter máis do que tiveron eles, como as dedicacións exclusivas de Figueroa e Aragunde que superan os 60.000 euros ou a do expresidente Rafael Louzán como asesor cobrando mais de 40.000€.

 

O voceiro do Partido Socialista na Deputación de Pontevedra falaba hoxe ante os medios para responder aos ataques que aseguran están a sufrir o novo goberno da Deputación e a súa presidenta Carmela Silva por parte do Partido Popular, ao que acusan de estar xa en campaña política para intentar previr unhas eleccións que, din, saben que va a perder.

Asegurando que dende a Xunta temen a Carmela Silva, Santos Héctor afirmou que o aínda vicepresidente autonómico e actual presidente do PP Provincial, Alfonso Rueda, emprega as institucións en beneficio do partido e non dos cidadáns.

O voceiro socialista aproveitou para cargar tamén contra os deputados populares que en continuas ocasións se queixaron da falta de medios que lles facilitaba a Deputación. Santos Héctor remarcou que ante a ausencia de dedicacións exclusivas que tiñan eles cando estaban na oposición, agora o partido popular conta con dúas de máis de 30.000€ para Ángel Moldes e Enrique Sotelo, outras dúas de máis de 60.000 para Figueroa e Aragunde e dúas como asesores do anterior presidente da Deputación, Rafael Louzán, e do seu ex xefe de gabinete, Luís Serantes, por máis de 40.000 euros.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/22/psdeg_depo_sobre_rueda.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/22/psdeg_depo_sobre_rueda.mp4{/flowplayer}