O PP de Poio acusa ao goberno de mentir sobre os seus plans para o cemiterio municipal

POIO> O Partido Popular de Poio recupera a polémica que xerou no seu día a proposta de ordenanza do goberno para o cemiterio local. Ás portas do camposanto, Ángel Moldes acusou a Luciano Sobral de mentir os propietarios de nichos e panteóns afectados e aos interesados na ampliación do cemiterio.

Ás portas do Cemiterio de San Xoán de Poio e na véspera do Día de Todos Os Santos, o Partido Popular recuperou a polémica que no seu día xerou a proposta de ordenanza para o camposanto municipal impulsada dende o concello.

No pleno municipal de outubro de 2015, os veciños paralizaron a aprobación do regulamento impulsado polo bipartito. Luciano Sobral comprometeuse entón á convocatoria dun pleno extraordinario en fin de semana para rexeitar a aplicación desta ordenanza.

Outra cuestión pendente é a ampliación do camposanto. O concello conta cun terreo anexo, pero onte a partida orzamentaria destinada a este fin foi anulada polo bipartito.

Para os populares, esta é unha mostra de que a súa formación é a única que garante a defensa dos dereitos dos propietarios, e aseguraron que permanecerán vixilantes ante calquera intento do executivo local de aprobar o regulamento do cemiterio municipal.